3º Encontro de Asociacións. Xornada de Traballo Interasociativo.

Deu gusto ver a taberna ateigada de xente.

Hume, A.A.V.V.  Taboada, AA.VV. O Xestal, Asociación Informática Amigus, A.VV. As Campeiras, Carril da Veiga Verde, Betula Custodia do Bosque Atlántico, A.VV. Breamo, Asoc. Viuvas “María Magdalena”, Ateneo Eumés Fernán Martíns, A Xanela, AA.VV. Forgoselo, Cultural de Centroña, Asociación Patronato do Museo etnográfico de Capela, Alto Xestoso S.Coop. L, Asociación Seara, Agroalimentaria do Eume, Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal e Universidade Rural do Eume.

Xentes diversas de diversas entidades, traballando polo común.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deste terceiro encontro encamiñase o que será “A axenda do Eume”, unha ferramenta que consistirá nunha axenda colectiva onde poder consultar comodamente os eventos de tódalas entidades da comarca. Así como, un mapa de recursos para poder coñecer tanto a variedade de asociacións e colectivos que desenvolven a súa labor no territorio,  como os recursos cos que contan e poñen a disposición da cidadanía.

 

 

 

 

 

 

 

Nunha segunda parte do encontro, traballamos sobre os nosos territorios, mapeando posibles espazos de intervención, a través dos que, conxuntamente, por en valor o patrimonio natural e cultural que nos rodea .

 

 

Agradecemos a todas as persoas asistentes o seu tempo, as súas ganas, e a súa alegría á hora de unir sinerxias e enfrontarnos ao traballo interasociativo.

Seguimos!